Unha produción de CTV, s.a. | contacto      
   

Estudos universitarios, compostelanía, amor... Ofelía González Taboada soubo manexar os fíos para que o feito de ser muller non eclipsase nin a súa vida profesional nin a personal.

En aras da democratización do exército, Xosé Fortes puxo a súa propia vida en prol da causa na que cría. Xa como profesor de instituto, atopou no ensino o lugar no que compartir coas novas xeracións o seu testemuño de esforzo e valentía.

O Xapón, a docencia musical universitaria, relacións directas co Vaticano… pero ó Padre Calo aínda lle quedaba unha paixón por satisfacer: brindarlle ó mundo a oportunidade de achegarse ó gran tesouro que era o Códice Calixtino.

Afamado cirurxián, político conciliador e traballador incansable, Xerardo Fernández Albor fixo do seu mandato como primeiro Presidente da Xunta de Galicia unha bandeira do galeguismo e da cultura galega, valores que hoxe en día seguen vixentes e en alza.

É un escritor de referencia, un activista incansable en prol da cultura e lingua galegas, Doutor Honoris Causa polas universidades de A Coruña e La Habana e Premio Nacional da Crítica Española.

Catedrático Emérito, o doutor Peña Guitián segue sendo luz e guía para as novas xeracións de pediatras ás que, a día de hoxe, aínda asesora no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela.

Premio Nacional de Belas Artes, con obra na exposición permanente do Museo de Arte Contemporánea de Madrid, foi obxecto dunha retrospectiva pictórica da Fundación Caixa Galicia no 1985 e, desde aquela, vive a súa paixón, a pintura, en absoluta intimidade, lonxe do rebumbio social… Iso si, sen deixar de pintar nin un só día.

Pilar Briones e as súas clases de xeografía, amenas e cheas de coñecemento, son e serán para moitas xeracións de santiagueses un referente no corazón, nese agasallo vital que é a infancia de cada un de nós…

Xastre, fotógrafo e retratista con técnica e estilo de cuño propio, Baldomero Pestana conseguiu facer da súa obra un espello de realidade e sensualidade, de crítica e sensibilidade…

Fotógrafo de sona, artesán da madeira e reloxeiro de finura e maña incribles, Xosé Manuel só tivo unha vontade na vida: facer ben ós demais, botar unha man alí onde fose preciso.

Profesor da Escola de Artes e Oficios, alumno avantaxado do mestre Asorey e pintor prolífico e cun talento indiscutible, Felipe Criado acuñou un modo de traballo que segue sendo obxecto de estudo para as novas xeracións artísticas.

Na súa escola, Rosalía Castro, o respecto e a proximidade de Antía Cal co alumnado foron dous dos activos máis salientables no seu método de estudo.

Pai de restaurador de renome internacional, Pepe Solla soubo dar cabida á cociña tradicional galega e pasarlle o testemuño ó seu fillo, un dos grandes chefs do momento.

Sinxelo e reivindicativo, José Cao non se preocupa das tendencias artísticas e mantense á marxe dos circuítos convencionais. Este modesto escultor pasa a súa madureza no seu taller- museo traballando sen cesar na pedra.

 

Outras producións de CTV, s.a. :
- Bamboleo
- As aventuras de Minchi
- Cultura 10

 

CTV , s.a.
Rúa Tras da Estivada, 9 -11 | 15894 Teo (A Coruña)
Tfno 981 509 202 | Fax 981 819 017 | info@ctvmedia.es
www.galegos.tv y www.regalodememoria.com son una página de información sobre la producción "Regalo de Memoria" de CTV, s.a. | información legal LSSI